DeportesÚltima hora

O noveno roteiro por terras de Cortegada celébrase o día 30

O evento deportivo terá un nivel de dificultade media
José Victor González, Avelino Luís de Francisco, Begoña Estévez, Bernardino González e Rosendo Fernández.
José Victor González, Avelino Luís de Francisco, Begoña Estévez, Bernardino González e Rosendo Fernández.

O noveno roteiro por terras de Cortegada foi presentado na mañá do xoves 27 de outubro en Ourense. O Pazo Provincial da Deputación de Ourense foi o escenario elixido para dar a coñecer o evento deportivo, que se celebrará este domingo, 30 de outubro, e terá unha dificultade de nivel medio. No acto participou o vicepresidente do goberno provincial, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes, Bernardino González, e o alcalde, o tenente de alcalde e a concelleira de Servizos Socials e Igualdade do Concello de Cortegada, Avelino Luis de Francisco, José Victor González e Begoña Estévez, respectivamente.

A andaina presenta dous percorridos posibles. A edición longa conta con 20 km e a curta será de 13. A saída está fixada para as 9 horas na rúa Bouza Brey e haberá catro puntos de avituallamento. “A camiñada é circular e pasará polas distintas parroquias de Cortegada”, sinalou Estévez. En canto a datos de participación, os organizadores agardan chegar aos 350 deportistas, posto que actualmente xa hai uns 300 inscritos. O preso de inscrición é de oito euros, que inclúe agasallo, avituallamento, comida, bebida e servizo de fisioterapia.

Artigos relacionados

Back to top button