SanidadeÚltima hora

O novo Centro de Saúde da Rúa contará cunha achega de 130.000 euros por parte da Deputación

A aportación irá destinada a obras de viarios de acceso, acondicionamento e servizos

Centro de Saúde da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na mañá deste luns 9 de novembro, a Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobaba unha achega para o Concello da Rúa por importe de 130.000 euros para obras de viarios de acceso, acondicionamento e servizos ao novo Centro de Saúde.

Dáse así un paso máis cara a construción da nova infraestrutura sanitaria, trala sinatura do protocolo de colaboración entre o Concello da Rúa, a Deputación de Ourense e a Consellería de Sanidade, en xaneiro de 2019; e da cesión dos terreos da rúa Arnaveca nos que se proxecta construír o novo Centro de Saúde e que teñen unha superficie duns 7.288,79 m2, e setembro dese mesmo ano.

Artigos relacionados

Back to top button