Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O novo Centro Interxeracional de Ourense albergará unha escola infantil e un centro de día

Xa está aberto o prazo de matrícula en todas as escolas infantís da rede pública

Con “vocación de converterse nun foro de intercambio de experiencias entre maiores e pequenos”, segundo o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, nace o novo Centro Interxeracional de Ourense que na mañá do 12 de marzo era visitado, entre outros, polo xefe do goberno galego e polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Durante o percorrido polas novas instalacións que albergarán unha escola infantil e un centro de día, Núñez Feijóo salientou as 80 novas prazas para maiores das que dispón este centro e tamén explicou que as 82 prazas da escola infantil de 0 a 3 anos contribuirán a que Galicia supere o curso que vén o limiar das 24.000 prazas de escolas infantís sostidas con fondos públicos. Ademais, subliñou que isto supón acadar unha ratio de cobertura do 41,3%, máis de 10 puntos por riba do óptimo considerado pola Unión Europea. “É dicir, 832 prazas financiadas con fondos públicos estarán á disposición da cidade de Ourense no próximo curso”, aseverou, destacando que trala entrada en funcionamento desta escola infantil, a ratio de cobertura de Ourense ascenderá ao 36%.

O presidente da Xunta lembrou que xa está aberto o prazo de matrícula en todas as escolas infantís da rede pública, polo que as familias galegas xa poden acceder ao incremento na oferta pública de prazas.

Artigos relacionados

Back to top button