CulturaCulturaÚltima hora

O novo espectáculo do Bruxo Queiman, en Río o 26 de xuño

 

Cheo de paixón, sentimento, forza escénica, música Folk-celta, danzas, pirotecniafría, lendas e moito lume… Así se presenta o novo espectáculo do Bruxo Queiman “Queiman Folkie”, que poderá verse en San Xoán de Río o vindeiro 26 de xuño. A representación terá lugar na praza da Igualdade ás 22h.

O espectáculo está composto por música folk, danzas, 4 bruxas,2 músicos, piroctecniafría … ndeo ritual da queimada convertirase no momento máis vistoso e esperado para espantar o mal ollado de toda presenza. Interprétanse temas musicais inéditos, como “Alalá do Mariñeiro” ou “O Meighacho”.

Tamén haberá espazo para unha danza onde se homenaxea as mulleres do mar e do rural. “En definitiva, unha fusión de arte pouco habitual de declamación, música e danza que envolve ao público nun halo elegante, creativo, e asemade próximo, tanto polo sentimento que esconde detrás de cada verba ou nota coma pola novidade e amplitude do público que abarca”, tal e como adiantan os promotores.

Esta actuación será organizada polo Concello de San Xoán de Río e conta co patrocinio da Deputación de Ourense. A estrea deste novo espectáculo está prevista para o 25 de xuño ás 22:30h. no Embarcadoiro de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín).

Artigos relacionados

Back to top button