En portadaÚltima hora

O novo executivo galego aposta pola estabilidade

Os conselleiros tomaban posesión nun acto celebrado na mañá do 14 de novembro
Os novos conselleiros, tras tomar posesión, co presidente da Xunta.
Os novos conselleiros, tras tomar posesión, co presidente da Xunta.

Os dez conselleiros do novo goberno galego terán o cometido de “seguir traballando polo progreso; de seguir traballando cada día polos galegos”. Así o sinalaba o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no acto de toma de posesión dos membros do novo executivo na mañá do 14 de novembro. “Este goberno traballará do único xeito que é posible: co pobo, dentro do pobo, ombro con ombro cos galegos”, aseguraba, lembrando que “iso é o que pediron os galegos o pasado 25 de setembro, cunha claridade excepcional na España de hoxe: estabilidade, visión de futuro e un Goberno que goberne desde o primeiro ata o último día”.

Outro dos momentos do acto.
Outro dos momentos do acto.

Tamén matizaba o presidente galego que “non estamos aquí para prometer imposibles, senón para facer todo o posible para que Galicia siga crecendo de forma solidaria; e sabemos que non estamos aquí polo que xa fixemos, senón porque o acadado nos amosa que somos quen de propoñernos metas máis altas”.

O novo goberno caracterízase pola continuidade pura, ao repetir nas dez consellerías as mesmas persoas que estaban ao fronte delas na etapa final da anterior lexislatura:

– Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Alfonso Rueda Valenzuela
– Conselleiro de Facenda. Valeriano Martínez García
– Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Beatriz Mato Otero
– Conselleira de Infraestruturas e Vivenda. Ethel Vázquez Mourelle
– Conselleiro de Economía, Emprego e Industria. Francisco Conde López
– Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Román Rodríguez González
– Conselleiro de Sanidade. Jesús Vázquez Almuiña
– Conselleiro de Política Social. José Manuel Rey Varela
– Conselleira do Medio Rural. Ángeles Vázquez Mejuto
– Conselleira do Mar. Rosa Quintana Carballo

Máis información:
https://osil.info/feijoo-inicia-o-seu-terceiro-mandato-como-presidente-da-xunta-de-galicia/

Artigos relacionados

Back to top button