SanidadeÚltima hora

O novo TAC do HCV podería funcionar a finais de agosto

Os labores de desmontaxe do anterior equipo comezarán na tarde do vindeiro venres 14 de agosto
A xerente do HCV recibía aos técnicos da empresa Philips para ultimar os preparativos da instalación do novo equipo TAC.
A xerente do HCV recibía aos técnicos da empresa Philips para ultimar os preparativos da instalación do novo equipo TAC.

Estanse a ultimar os preparativos para a instalación do novo equipo TAC (Tomografía Axial Computerizada) no Hospital Comarcal Valdeorras (HCV), no Barco. A súa xerente, Guillermina Agulla, recibía na mañá do 11 de agosto aos técnicos da empresa Philips con motivo de fixar os prazos para a desinstalación, desmontaxe, carga e reciclaxe do antigo equipo, e por último o transporte, colocación e posta en marcha do novo TAC.

Ademais a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco “trazará un plan de actuación de continxencia durante as datas en que non estea operativo o novo TAC xa que o equipo técnico da empresa comezará cos labores de desmontaxe do anterior equipo na tarde do vindeiro venres 14 de agosto”, segundo o Sergas.

Unha vez que se conclúan estas tarefas de desmontaxe serán necesarios cinco días para “a axeitada colocación do novo TAC e outros tres días para a formación do persoal sanitario do Servizo de Radiodiagnóstico encargado da súa utilización. Ao mesmo tempo a Unidade Técnica de Protección Radiolóxica procederá as medicións dos niveis de radiación correspondentes e a emisión da certificación de verificación radiolóxica do novo equipo diagnóstico”, citando de novo ao Sergas.

Neste senso a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras coordinará estas actuacións e fixará, “no transcurso desta semana, os prazos de actuación, informando aos profesionais implicados e formalizando un protocolo a seguir para a atención dos posibles pacientes ata que entre en funcionamento o novo TAC”, tal e como se indica dende Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button