En portadaÚltima hora

O número de setembro do Periódico O SIL, xa está na rúa

 

Ademais dun monográfico adicado ao Barco, a primeiros deste mes xa pode atoparse nos quioscos e librerías, o número de setembro do Periódico O SIL, cuxa reportaxe de portada está adicada á problemática dos incendios forestais, que desgrazadamente continúan sendo actualidade neste verán.

Ademais no marco do inicio da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia, inclúese unha entrevista co presidente da Cámara galega, o ourensán Miguel Ángel Santalices. Entre outros temas, tamén se inclúen informacións sobre sectores de referencia na provincia como o vitivinícola e o da lousa, así como unha nova entrega de “O verán en…” neste caso poñendo a mirada en zonas como Trives, Quiroga, Carballeda, Larouco e Lubián.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button