CulturaCulturaÚltima hora

O obradoiro de teatro encontro sobre a vida e obra de Florencio comezará o 9 de xullo en Vilamartín

A actividade, dirixida a rapazada de entre 10 e 18 anos, amplía o prazo de inscripción ata o xoves 7 de xullo

Anxo Baranga (Furafollas) no teatro encontro sobre Florencio en Barcelona. /Foto cedida.

 

Estaba previsto que comezara mañá, pero o obradoiro de teatro encontro sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, conducido pola dramaturga Amparo R. de Dios, amplía o seu prazo de inscripción ata o xoves 7 de xullo e o inicio será finalmente o sábado día 9.

Esta actividade, enmarcada no programa das ‘Noites de Florencio’, é gratuíta e a inscripción debe facerse no Concello de Vilamartín, ben sexa presencialmente ou por teléfono no 988 30 00 01 en horario de mañá. Tamén se pode reservar praza a través do correo asletrasdeflorencio@gmail.com.

O obradoiro está dirixido ao público infantil e xuvenil de entre 10 e 18 anos, ata un máximo de vinte participantes, que traballarán a través do xogo interpretativo durante as mañás dos sábados de xullo en horario de 11 a 13:30 horas no Centro Sociocultural Santa Lucía de Vilamartín de Valdeorras, para chegar ás festas da Santa Marta de Córgomo cunha ou varias pezas listas para ser presentadas á veciñanza.

Artigos relacionados

Back to top button