OurenseÚltima hora

O obradoiro musical da Deputación de Ourense cede instrumentos á mostra de Afonso X

O taller, que dirixe Manuel Brañas, colabora coa exposición achegando unha "rota" e un "organistrum", réplicas do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense, e unha zanfona das Cantigas de Santa María de Alfonso X

O director do obradoiro de instrumentos da Deputación de Ourense, Manuel Brañas.

 

A Deputación de Ourense vén de ceder varios instrumentos do seu obradoiro musical para a exposición sobre Afonso X, O Sabio, un proxecto organizado polo Consello da Cultura Galega. Así, o taller de instrumentos, que dirixe Manuel Brañas, colabora coa exposición achegando unha “rota” e un “organistrum”, réplicas do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense, e unha zanfona das Cantigas de Santa María de Alfonso X.

Esta exposición enmárcase nas actividades do Ano Xacobeo 2021 para conmemorar o 800 aniversario do nacemento do rei Afonso X de Castela, León e Galicia, co obxectivo da “presentar a figura de Afonso X, os seus avatares políticos, o labor cultural e a súa relación con Galicia”. Presentaranse de forma áxil e lúdica o mundo galego e europeo medieval mediante os textos, as miniaturas e a música dos manuscritos das Cantigas de Santa María, así como da obra lírica profana afonsina.

A mostra inaugúrase o vindeiro 12 de xaneiro na Igrexa da universidade, en Santiago de Compostela e o 1 de maio trasládase ao Centro Cultural Marcos Valcárcel ata setembro.

Artigos relacionados

Back to top button