ConcellosO BarcoÚltima hora

O olor a gas nunha zona do Barco mobiliza aos servizos de emerxencias

Imaxe da rúa Coruña, no Barco.

 

Ante o olor a gas que se detectaba en torno ás 10h. deste domingo 8 de novembro nun dos edificios do inicio da rúa Coruña do Barco, eran mobilizados os servizos de emerxencias. Ata o lugar acudían de inmediato o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, a Policía Local e os bombeiros do parque comarcal, pero todo quedaba nun susto.

Tamén era avisado un técnico da empresa subministradora de gas para tratar de buscar unha posible fuga.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button