ConcellosÚltima hora

O oncólogo Jesús García Mata apadriñará a IV Carreira e Andaina contra o Cancro da Rúa

Esta proba solidaria, que promove o Club Atletismo Rúa, terá lugar na mañá do vindeiro 5 de maio
O doutor valdeorrés Jesús García Mata será o padriño desta edición da carreira ruesa.

Cita deportiva, pero sobre todo solidaria, o vindeiro 5 de maio na Rúa. Nesta localidade valdeorresa celebrarase a IV Carreira e Andaina contra o Cancro, que nesta edición terá como padriño ao doutor Jesús García Mata, xefe do servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Universitario de Ourense (CHUO).

Esta proba popular densevolverase ao longo dun circuíto de 8.500 m. A súa saída e meta estará na Estación de Autobuses da vila. Os primeiros en competir serán os camiñantes ás 11h. Media hora despois comezará a carreira absoluta (8.500 m), e a partir das 11:40h. daranse as saídas (cada dez minutos e por esta orde) dos Sub18-Sub16 (2.200 m), Sub14 (1.000 m), Sub 12 (500 m), Sub10 (300 m), Prebenxamíns e Chupetíns (150 m). A proba será organizada polo Club Atletismo Rúa do Concello da Rúa, Gadis, Iberdrola e a Deputacion de Ourense.

Trazado da carreira.

 

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata as 23:59 horas do venres 3 de maio de de modo online en www.galitiming.com ou presencialmente nas tendas TriSport da Rúa e do Barco. O custe da inscrición é de 10 para maiores de 16 anos e de 5 euros para os menores de 16.

O recaudado será doado á delegación da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Valdeorras. Tamén haberá un dorsal 0 “para todo aquel que queira aportar se non pode vir ao evento”, din os organizadores.

O programa deste evento concluirá coa entrega de trofeso, prevista para as 13:20h, seguido dun sorteo de regalos doados por adegas e por establecimientos comerciais de Valdeorras ás 13:30 h.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close