CulturaCultura

O Orfeón do Carballiño prepárase para unha xira por Galicia e España

O orfeón.

O Orfeón do Carballiño desenvolverá un apretado calendario de actuacións dentro e fóra da provincia durante os meses de maio e xuño. Así, este sábado, 20 de maio, actuará nos Salesianos, en Ourense. E o domingo 21 actuará en Cenlle, con motivo das Letras Galegas.

Pero os concertos máis destacados terán lugar en Valladolid e no País Vasco. En Valladolid actuarán o 27 e 28 de maio. E en Vizcaya o farán o 24 e 25 de xuño.

Asemade, o 5 de agosto celebrarán unha nova edición do Festival de Habaneras. O 17 de setembro cantarán na misa do San Cibrao, e do 12 ao 15 de outubro viaxarán a Barcelona para ofrecer varios concertos.

O Orfeón do Carballiño conta actualmente con 45 compoñentes, incorporando últimamente algunhas voces novas que participarán xa nestes próximos concertos.

Artigos relacionados

Back to top button