CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Orfeón Trivés celebra o 25 aniversario cun concerto

O acto tiña lugar a finais de xullo no Auditorio Julio Vázquez co Orfeón Valdeorrés como convidado

O Orfeón Trivés está de aniversario. Vintecinco anos pasaron xa dende a súa creación baixo a dirección de D. Luis Olano, e malia que a data exacta será no mes de novembro, era na tarde do 30 de xullo cando o celebraban cun concerto no Auditorio Julio Vázquez. Os de Trives eran os protagonistas, pero tiñan como convidado de excepción ao Orfeón Valdeorrés co que tamén compartiron escenario.

Entre os temas interpretados polos anfitrións da gala destacan “Let it shine”, “La golondrina” ou “Meu amor e mariñeiro”, así como “Compañeira” que interpretaban de forma conxunta.

O acto, ao que acudiu numeroso público, completábase coa proxección dun video sobre os 25 anos da coral trivesa, actualmente dirixida por Sandra González.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button