CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O Orfeón Trivés e a Coral Polifónica de Monforte de Lemos, no I concerto de música sacra “Vila de Trives”

A actuación tiña lugar na igrexa parroquial do Santísimo Cristo da Misericordia

Dous coros participaban, na tarde do 24 de marzo, no I concerto de música sacra “Vila de Trives” organizado polo Orfeón Trivés: o anfitrión e a Coral Polifónica de Monforte de Lemos.

Numerosas persoas asistían á actuación de música relixiosa celebrada na igrexa parroquial do Santísimo Cristo da Misericordia, na que o coro monfortino interpretou cinco temas: Panis Angelicus de César Franck, Ave María de Caccini, Angele Dei de Gabriel’s Oboe, Cantata 147 de Juan Sebastian Bach e Gloria de Vivaldi. Pola súa banda, o Orfeón Trivés dirixido por Sandra González interpretaron catro temas: O Sacrum Convivium de Luigi Molfino, Tres Motetes de Julio Domínguez, Regina Caeli Laetare de Gregor Aichinger e Three Contemporary Latin Setting de Jerry Estes.

O broche ao concerto poñíano as dúas corais cantando en conxunto Signore delle cime de Giuseppe de Marzi.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button