CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés abre o mes de xuño actuando en Arganda del Rey (Madrid)

O seguinte concerto para o coro dirixido por José Ramón Mansilla será o sábado 11 de xuño na Igrexa do Bo Pastor da Rosaleda en Ponferrada

O Orfeón Valdeorrés en Arganda del Rey (Madrid)./ Foto cedida.

 

En Arganda del Rey (Madrid), convidado pola Coral Alternia desa cidade, comezaba o Orfeón Valdeorrés o mes de xuño, actuando no Auditorio Montserrat Caballé ante un “público marabilloso”, aseguran dende o coro, destacando o trato recibido “tanto por parte do coro anfitrión como por parte do público alí presente”, entre o que para sorpresa dos músicos, se atopaba o alcalde do Barco, Alfredo García, acompañado da súa familia.

“A súa presenza fíxonos sentir unha enorme satisfacción e orgullo, así que vaia para el nosa gratitude polo deferencia que tivo co Orfeón Valdeorrés ao tomarse o interese de acompañarnos en terras madrileñas”, aseguran.

A seguinte actuación para a formación musical que dirixe José Ramón Mansilla, será o concerto que dará o vindeiro sábado día 11 de xuño, ás 20:30 horas, na Igrexa do Bo Pastor da Rosaleda en Ponferrada no que participarán outros dous coros: a coral Voces do Bierzo”(coro organizador e anfitrión) e A Capela da Divina Comedia.

 

Agasallos trala actuación.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button