CulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés actuará nun encontro de corais en Malpartida de Plasencia (Cáceres)

O concerto celebrarase o sábado 5 de abril na igrexa de San Juan Bautista xunto á Coral P. M. Julio Terrón

Despois da boa acollida que tivo o I Festival Voces de Valdeorras celebrado o pasado 29 de marzo no Centro Cultural Avenida da Rúa, os membros do Orfeón Valdeorrés viaxarán ata terras extremeñas para participar este sábado, 5 de abril, nun encontro de corais que se celebrará na igrexa parroquial de San Juan Bautista en Malpartida de Plasencia (Cáceres) ás 20:30h.

Con ese concerto no que compartirán escenario coa Coral Polifónica Julio Terrón de Malpartida, a coral valdeorresa devolve a visita que os cacereños fixeran ao Barco no outono de 2012, facendo unha vez máis da música, o fío condutor do reencontro entre dúas agrupacións corais e dúas poboacións, distantes no espazo, pero cercanas no amor pola música e no desexo de coñecer as distintas rexións que forman o país.

Ámbalas dúas corais ofrecerán un recital de música sacra e profana. Pola súa parte o Orfeón Valdeorrés, dirixido por José Ramón Mansilla, interpretará parte do seu extenso repertorio, con temas relixiosos como Ave María (Dante Andreo) ou Señor, me cansa la vida (Juan Antonio García); e outros como Lela (harmonización José Ramón Mansilla) ou No llores por mí Argentina (Andrew Lloyd Webber/ adaptación coro: José L. Blasco), entre outros moitos.

Trala actuación do sábado, o domingo día 6 de abril cantarán a misa maior no Santuario de Guadalupe.

Nas imaxes, diversas actuacións do Orfeón Valdeorrés na comarca.
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button