CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés e a Banda de Música do Barco poñen son ao Nadal barquense

Actuaban no seu tradicional concerto navideño na tarde do 20 de decembro na igrexa de Santa Rita

 

A ritmo de vilancicos e portando diversos adornos navideños, os membros da Banda de Música do Barco e do Orfeón Valdeorrés finalizaban o seu tradicional concerto de Nadal na tarde do 20 de decembro na igrexa de Santa Rita do Barco.

Entre palmas e con boa parte do público en pé, interpretaban “Blanca Navidad”, “Arre borriquito”, “Feliz Navidad” e, finalmente, “Campana sobre campana”. Era un emotivo broche a un concerto de case dúas horas de duración e que abría o Orfeón Valdeorrés, dirixido por José Ramón Mansilla, con cinco temas: “A la nanita nana”, “Suite comercial navideña”, “25 de diciembre”, “Locuras” e “Hallelujah”.

 

 

Deseguido, saían os membros da Banda de Música do Barco, baixo a batuta de Manuel Prada Ramos, e  formado por “Cinema Paradiso” (Ennio Morricone), “Suspiros de España” (Antonio Álvarez), “Hallelujah” (Leonard Cohen/ arr. Frank Bernaerts), “Valse número 2 (from jazz suite N. 2) de Shostakóvich” e “Santana a portrait (flor d’luna, Oye como va, Europa, Smooth)” con arranxos de Giancarlo Gazzani.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close