CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés faise con 2 galardóns no certame coral de Arbo

O coro dirixido por José Ramón Mansilla logrou o 2º premio do concurso e tamén o premio á mellor interpretación
O Orfeón Valdeorrés no concerto de primavera celebrado no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.
O Orfeón Valdeorrés no concerto de primavera celebrado no Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

Cinco eran as corais galegas que participaban no IV Certame de Música Coral Vila de Arbo celebrado na tarde do 15 de maio. Entre ellas estaba o Orfeón Valdeorrés, dirigido por José Ramón Mansilla, que lograba dous dos galardóns que se disputaban: o 2º premio e o premio á mellor interpretación pola obra do concurso “San Campio”, balada galega con música de Torres Creo e harmonización de José Iglesias Ramilo. Á parte do tema de concurso, o coro de Valdeorras interpretaba “Lela” harmonizada por José Ramón Mansilla, e “Sin ti” (R. Guirao).

O xurado estivo formado por José Iglesias Ramilo, Ruta Poznakova González e César Posada Figueiras, e presidido polo alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito.

Artigos relacionados

Back to top button