CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés, nun encontro de corais en Vigo

O concerto no que participarán catro coros, celébrase este domingo no Teatro Afundación
O Orfeón Valdeorrés nun concerto no Teatro Lauro Olmo do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.
O Orfeón Valdeorrés nun concerto no Teatro Lauro Olmo do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

Tres agrupacións da provincia de Ourense compartirán escenario coa Coral Polifónica Ureca de Vigo (Pontevedra), no encontro de corais que organizaron para este domingo 16 de outubro no Teatro Afundación (antigo Rosalía de Castro): a Coral Polifónica Albricias de Maceda, o Orfeón Valdeorrés do Barco e a Coral Polifónica Antioquía de Xinzo de Limia.

No festival, cada unha das corais interpretará catro temas. Dirixidos por José Ramón Mansilla, o Orfeón Valdeorrés cantará: Soneto LXVI (Javier Busto); Alma llanera (armonización de Umberto Sagredo); Los nardos (Francismo Alonso. Versión coral: J.L. Blasco); e Perfidia (Alberto Domínguez. Versión coral: J.L. Blasco). A coral de Maceda pola súa banda interpretará Maruxinha; Jardín ensueño; Os cregos e os taberneiros; e Amor galego. O repertorio da coral de Xinzo estará composto por: La reina del placer; Os teus ollos; Sin ti; e Enguedellos, mentres que a coral anfitriona interpretará: Castellana; Pandeirada da chuvia; Fulgida Luna; e Volver, volver.

O encontro coral comezará ás 18 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button