CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés pon música á Semana Santa no Barco

A igrexa de San Mauro acolleu o concerto de música sacra na tarde do 23 de marzo

Un ano máis era o Orfeón Valdeorrés quen abría o programa de Semana Santa no Barco de Valdeorras. Facíao na tarde do 23 de marzo (Venres de Dor) cunha dobre actuación na igrexa de San Mauro: a misa cantada e un concerto de música sacra.

Tal como explica o propio director, José Ramón Mansilla, que en setembro fará vinte anos ao fronte do coro, para este concerto buscaron versións a catro voces de cancións que tradiconalmente se escoitan na igrexa nesta época, buscando ademais “que teñan unha mensaxe, e penso que o público entendeuno e agradeceuno”.

O concerto comezaba con A la hora de nona de Carmelo Erdozain cos tenores e despois, todo o coro interprestaba Oh Señor, delante de ti tamén de Erdozain. O repertorio incluíu Pueblo de reyes; Cerca de ti Señor de Mason, El señor es mi luz y mi salvación de Alberto Taulé; e Misericordias Domini en latin. As voces femininas pechaban co Ave María de Dante Andreo a actuación (a primeira dende que José Luis Gómez Folla colleu a presidencia do Orfeón), á que asistían numerosas persoras, entre elas o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button