CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

O Orfeón Valdeorrés pon música ao Venres de Dores no Barco cun concerto na igrexa de San Mauro

A actuación tiña lugar despois da misa cantada polos membros da coral

 

Na Semana Santa de 2016, a iniciativa do seu director José Ramón Mansilla, o Orfeón Valdeorrés recuperaba o concerto de música sacra na igrexa de San Mauro co que abría o programa litúrxico no Barco de Valdeorras.

 

 

Pasaron os anos e tras dous de inactividade pola situación sanitaria provocada polo coronavirus, na tarde deste 8 de abril, o Orfeón Valdeorrés volvía a deleitar aos fegreses coas súas melodías. A actuación tiña lugar no Venres de Dores dous días antes do Domingo de Ramos, despois da misa de oito, cantada con temas do director da coral.

 

 

O propio José Ramón Mansilla presentaba o concerto ao público asistente que pudo desfrutar dunha selección de temas especialmente escollidos para a ocasión: La hora de Nona (Carmelo Erzoáin), Ave María (Dante Andreo), El señor es mi luz (A. Taulé), Christus Factus Est (A. Bruckner), Misericordias Domini (Henryk Jan Botor) e Alleluia (José Ramón Mansilla).

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button