CulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés recupera o concerto de Semana Santa

O concerto de música sacra tiña lugar na tarde do 18 de marzo na igrexa de San Mauro do Barco

Vinte anos facía que o Orfeón Valdeorrés non daba o concerto de Semana Santa. Unha actuación de música sacra que na tarde do 18 de marzo, dous días antes do Domingo de Ramos, celebraban na igrexa de San Mauro, no Barco de Valdeorras.

Despois da misa de sete que tamén cantaron, o director José Ramón Mansilla presentaba a actuación diante de numeroso público, explicando que “por unhas cousas ou por outras nunca chegabamos a organizalo, e este ano por fin decidímonos, sendo o primeiro para min”. Entre os temas que interpretaron (algúns deles co acompañamento do piano) estaban o “Ave María” de D. Andreo, “Ubi Caritas” de O. Gjeilo, o “Alleluia” do propio J.R. Mansilla ou “Stabat Mater Dolorosa” de Z. Kodaly, un tema en torno á Virxe que o Orfeón adicou ao párroco Tomás Rodríguez Carbajo, alí presente.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button