En portada

O oriente ourensán, sen bases de helicópteros para incendios

A base de Vilanova “é unha zona metida nun extremo de Galicia, de maneira que operativamente ese helicóptero ten que saír do Barco e volver, son moitas horas perdidas” asegura o secretario xeral de Montes
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

En medio da campaña de incendios e despois de que Seadur (Larouco) rexistrase un dos lumes máis graves no que vai de verán en Galicia, nas bases do oriente ourensán segue sen haber helicópteros. Ao inicio da campaña coñecíase que Vilanova (O Barco) deixaba de ser base, aínda que si se mantiña a de San Xoán de Río, se ben a propia conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, e o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, recoñecían en Seadur (Larouco) que aínda non contaba con helicóptero. “Está previsto que en breves días estea aí”, sinalaban, pero ningún dos dous concretaba datas.

Ademais, ante a pregunta do Periódico O Sil sobre a falta de helicópteros nesas bases e sobre as consecuencias que isto pode ter en lumes como o acontecido en Seadur, o secretario xeral de Montes, respostaba que “aquí hai unha rede moi grande de medios. Segundo o número de medios que en cada momento se teñen, distribúense dunha forma ou doutra, non é cuestión de quitar ou de non quitar. A base do Barco é unha zona metida nun extremo de Galicia, de forma que operativamente ese helicóptero ten que saír do Barco e volver, son moitas horas perdidas, de maneira que dependendo do número de aparatos que teñas, distribuélos estratéxicamente para optimizar a atención. E este lume que tivemos aquí vale perfectamente de demostración de que independentemente das bases, os medios aéreos se desprazan con moita rapidez e se hai unha característica realmente do sistema de extinción de Galicia é a capacidade de concentración alí onde fai falta e aquí xa vemos houbo 16 medios de actuación”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button