ConcellosO BarcoÚltima hora

O orixinal Magosto O Barco Aberto resulta un éxito

Durante tres días a locomotora de castañas desta campaña, promovida polo CCA, situábase na praza do Concello e entregaba uns 600 cucuruchos

 

Durante tres días, do 21 ao 23 de outubro, os clientes dos establecementos asociados ao Barco Centro Comercial Aberto (CCA) eran agasallados cun saboroso produto moi propio deste tempo de outono en Valdeorras: castañas asadas. Desenvolvíase deste xeito unha nova campaña: “Magosto OBarcoaberto”, que chamaba moito a atención e desenvolvíase de xeito moi positivo. Unha locomotora de castañas sitúabase durante esas xornadas na praza do Concello do Barco e as persoas que efectuaban as súas compras nos negocios asociados podían acudir cos tíckets e intercambialos por un cucurucho de castañas recén asadas.

Esta orixinal proposta resultaba un auténtico éxito. De feito, a valoración do Barco CCA non pode ser máis positiva. En total nos tres días entregábanse uns 600 cucuruchos de castañas, o que supuxo repartir a totalidade das castañas adquiridas para a campaña, uns 100 quilos.

“Estamos moi contentos, era unha proposta novidosa e non sabiabamos a acollida que podía ter, pero tanto os asociados como os clientes están encantados, funcionou moi ben. Todos os comentarios que escoitamos nestes tres días eran moi positivos. Dicíannos que era unha boa idea e ademais a xente destacaba que eran as primeiras castañas que tomaba na tempada”, aseguran dende O Barco CCA.

Esta gran acollida xa fai pensar ao CCA en repetir o vindeiro ano e xa valoran tamén ampliar ou ben os horarios ou ben os días. “Anotámolo como unha actividade que se pode repetir e facer de forma anual. Ademais, vimos que había moito interese e que a xente pedía máis”.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button