OurenseÚltima hora

O OUFF e o Centro Comercial Aberto Ourense Centro convidan ás familias ourensás ao cine

Haberá dúas proxeccións no ciclo de Cine Familiar: “Campeones” e “Elcano y Magallanes. La primera vuelta al mundo”

 

O Ourense Film Festival (OUFF) en colaboración co Centro Comercial Aberto Ourense Centro apostan polo Cine Familiar na súa 24ª edición, regalando entradas para dúas proxeccións. Os clientes do CCA Ourense Centro que compren nos establecementos adheridos a vindeira semana recibirán invitaciones para ver unha película a escoller entre Campeones e “Elcano  y Magallanes”, os días 28 e 29 de setembro no Auditorio Municipal. Con esta novidade, o festival busca “atraer aos máis pequenos da casa ás salas de cine con dous filmes pensados para ver en familia”.

O presidente do CCA Ourense Centro, Luis Rivera, remarcou que con esta iniciativa “buscamos incentivar as compras con motivo da celebración do OUFF. Os clientes recibirán unha invitación coa súa compra que será canxeada por unha entrada para un adulto e unha para un neno nol stand que o festival terá na rúa do Paseo”.

“Queremos que o festival sexa de toda a sociedade ourensá. Que todo Ourense sinta seu o #EuSonDoOUFF. Para nós é moi importante que participen todos, incluídas as familias, e por iso confiamos no éxito desta iniciativa” afirmpu Miguel Anxo Fernández, director artístico do OUFF. Pola súa parte, Aurelio Gómez Villar, coordinador técnico do festival, quixo destacar tamén que “o OUFF é de todos. Queremos seguir colaborando co CCA Ourense Centro, pero tamén queremos contar con todos os colectivos que así o desexen”.

Gómez Villar explicou que ademais do ciclo de Cine Familiar, haberá máis programación para nenos e xoves durante os días do festival cunha nova edición do OUFF Escola. “Eles son o futuro, o relevo, e queremos que desfruten nunha sala de cine” afirmou.

Artigos relacionados

Back to top button