OurenseÚltima hora

O ourensán Emilio Vázquez Pereira gana o Trofeo Estanislao Reverter do 51 Rallye de Ourense

Tamén foi o mellor piloto local acadando o 8º posto na xeral

Durante dous días (8 e 9 de xuño), Ourense converteuse no epicentro do mundo do motor, con preto de 80 equipos competindo por subir ao podio no 51 Rallye de Ourense-Ourense Termal. Finalmente, os favoritos fixéronse cos principais trofeos: Miguel Fuster o primeiro, Iván Ares o segundo e Joan Vinyes terceiro. Pero no acto de clausura entregáronse moitos máis premios.

Un dos máis esperados, polo que significa, era o Trofeo Estanislao Reverter ao mellor clasificado na categoría de históricos que foi para o piloto ourensán Emilio Vázquez Pereira e o seu copiloto Héctor Rodríguez Gómez co Citroën ZX Kit Car. Dende a Fundación Estanislao Reverter (creador do Alpinche e pai do rallye) destacan asemade a meritora 8ª praza que conseguía na clasificación xeral, converténdose no mellor piloto ourensán nesta edición do rallye.

Fotos: X. Reverter.

Artigos relacionados

Back to top button