CulturaCulturaÚltima hora

O ourensán Juan M. Casares, un dos “Embaixadores da Palabra do 2020”

Nesta edición do galardón, que promove a Fundación César Egido Serrano, tamén resultaba distinguido o xornalista venezolano Jorge Carrión

O presidente do CRDO do Ribeiro, Juan Manuel Casares./ Foto cedida.

 

No marco da celebración do Día Internacional da Palabra como vínculo da Humanidade, este 23 de novembro daranse as credenciais de Embaixador da Palabra outorgado pola Fundación César Egido Serrano de Madrid -Museo da Palabra en Toledo.

Na presente convocatoria, organizada e dirixida en territorio galego como sempre por Miguel Mosquera Paans, fará entrega na cidade de Ourense das oportunas credenciais aos homenaxeados do presente ano: o ourensán Juan Manuel Casares Gándara e o venezolano Jorge Carrión Rubio.

Juan Manuel Casares Gándara, é veterinario, licenciado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, exerce como director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), e preside o Consello Regulador da D.O Ribeiro. É autor do ensaio “O pensamento político de Florentino López Cuevillas”, como ampliación do traballo de doutoramento “Procesos Políticos Contemporáneos USC”. Desde 2011 ten unha columna de opinión na prensa galega.

“Ao longo dos anos e a través dos seus artigos, Casares difundiu a radiografía alcanzable dun galeguismo conservador que evoca a tradición, a historia, o acervo, o atavismo e o costume, como elemento identitario de Galicia, desde a concordia e a mesura dunha voz que invoca a convivencia”, segundo destaca a fundación.

 

Jorge Carrión Rubio, tamén galardado nesta edición.

 

O outro galardoado é Jorge Carrión Rubio, que preside a Fundacion Universidade Hispana, é un xornalista, escritor, poeta, locutor, reporteiro gráfico, mestre de cerimonias e profesor.

Aínda que se dá por outorgado o recoñecemento este 23 de novembro, dada a actual situación de confinamento provocada pola pandemia COVID-19, e ante a limitación de reunións, a entrega das credenciais pospóñense ata o levantamento das restricións no próximo mes de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button
Close