CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O ourensán Raúl Gómez Pato gana o II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

A gala de entrega do galardón tiña lugar na tarde do 16 de novembro no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras

 

Raúl Gómez Pato, natural de Velle (Ourense) é o gañador do II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, unha da iniciativas do proxecto As Letras de Florencio que ten como obxectivo reivindicar o Día das Letras Galegas para o poeta de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras).

A entrega do premio, dotado con 3.000 euros, tiña lugar na tarde do 16 de novembro no Teatro Lauro Olmo do Barco, nun acto presentado polas poetisas Lucía Aldao e María Lado e o actor Xosé Barato. A gala discorreu entre notas de humor, reivindicacións e poemas musicalizados, ata o momento de entregar o premio polo poema Vinte, desolación que o propio autor recollía e lía.

 

Os presentadores nun momento da gala.

 

Nesta II edición do certame foron presentados 23 textos a través do correo postal e 212 a través do correo electrónico. Destes foron desbotados 31 por non cumprir as bases establecidas para o premio, publicadas por resolución de Alcaldía do Concello de Vilamartín de Valdeorras o 1 de outubro de 2019, sendo o número final de participantes de 181 textos.

Ademais do gañador, o xurado formado por Xulio Pérez Veiga, Pilar Pallarés García, Francsico García Macías, Ramón Nicolás Rodríguez e Jorge Moral Vidal elixía catro finalistas: Rafa Vilar co texto Das Kapital; Beatriz Martínez-Sayanes de Saá co texto Sen menosprezar aos caniches; e Roberto Rodríguez González con texto Adolescencia en segunda persoa, que non asistían á gala aínda que dous deles (Rafa e Beatriz) si enviaban mensaxes de agradecemento.

 

O gañador do premio, o ourensán Raúl Gómez Pato.

 

Entre os asistentes ao acto estaban os alcaldes do Barco e Petín, Alfredo García e Raquel Bautista, o presidente do IEV Aurelio Blanco e o Irmán Maior das Letras de Florencio, Ángel Fernández, así como concelleiros do Barco e da Rúa.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button