CulturaCulturaÚltima hora

O Ourense Film Festival concede a Calpurnia de Honra á produtora Vaca Films

Este feito foi comunicado á directiva da produtora esta mañá de 19 de xullo

O Ourense Film Festival (OUFF) concederalle a Calpurnia de Honra á produtora Vaca Films. Así, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comunicoullo esta mañá aos responsables da produtora, Emma Lustres e Borja Pena. Recibirán este galardón honorífico na 24ª edición do OUFF, que terá lugar do 27 de setembro ao 5 de outubro.

 

Cartaz dunha das súas producións.

 

Vaca Films, con sede na Coruña, é responsable, entre oturas, de “Celda 211”, “El desconocido”, ou a próxima película de Paco Plaza, “Quien a hierro mata”. Así, ademais do recoñecemento, a OUFF 2019 programará un ciclo especial no que se proxectarán os títulos máis destacados de Vaca Films.

Artigos relacionados

Back to top button
Close