CulturaCulturaÚltima hora

O Outono Fotográfico chega ao Centro Cultural Marcos Valcárcel

En Ourense, a primeira mostra que se exhibe en Europa sobre persoas de “xénero non definido”
Presentación da mostra fotográfica no centro cultural da Deputación de Ourense.
Presentación da mostra fotográfica no centro cultural da Deputación de Ourense.

Da man do Outono Fotográfico, o Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense inaugura hoxe 30 de outubro ás 20:15h. a exposición “You are you”, da fotógrafa norteamericana Lindsay Morris. Unha mostra que exhibe por primeira vez en Europa, as vivencias das persoas denominadas de “xénero non definido”, a través dun campamento de verán onde conviven nenas e nenos de entre 5 e 12 anos, e das súas familias, nun proxecto que pretende poñer en valor a identidade destas persoas e amosar con normalidade a vida que desenvolven.

Na exposición, a autora fai visible a fraxilidade do límite entre os xéneros, “que non son máis que o resultado dunha construción social e porén non están necesaria ou bioloxicamente inscritos na natureza humana, senón que se trata de xeitos socialmente variables”, explica Vitor Nieves, coordinador do Outono Fotográfico, engadindo que o traballo de Lindsay Morris “lévanos á rutina e intimidade de persoas en pleno proceso de aprendizaxe, xusto nos anos cruciais onde se solidifica a identidade vencellada ao xénero que normalmente é entendido como unha cuestión puramente xenital”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close