CulturaCulturaÚltima hora

O Outono Fotográfico leva ata Portugal o proxecto “Território Expandido”

A exposición colectiva reúne as obras de 27 artistas galegos, portugueses e brasileiros na Avenida Central da cidade lusa

O proxecto promovido polo equipo do Outono Fotográfico  “Território Expandido”, chega esta fin de semana ata a cidade portuguesa de Braga. E faino no marco da 26 edición dos Enconrtos de Imagem (o festival internacional de fotografía en Portugal), como unha das principais exposición do programa.

Trátase dunha exposición colectiva ao aire libre na que participan 27 artistas procedentes de Galicia, de Portugal e de Brasil que xira en torno a unha temática común: o territorio e a identidade nos países da lusofonía ou galeguidade. Nela poden verse obras de gañadores do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, como Daniel Díaz Trigo, Berto Macei, Jose Romay ou Eva Díez, así como de artistas emerxentes como Luís Barreiro, Luis Díaz Díaz ou Marta Moreiras, e a xa internacionalizada Carla Andrade.

Neste proxecto colaboran festivas fotográficos dos tres países, co traballo  conxunto dos seus curadores:  Vítor Nieves do Outono Fotográfico (Galicia); Ângela Ferreira dos Encontros da Imagem a (Portugal); e Patricia Veloso dos Encontros de Agosto (Brasil). E coa exposición en Braga, péchase o ciclo de itinerancias que comezaba no pasado mes decembro no céntrico Museu da Industria de Fortaleza, no nordeste do Brasil, para logo, no mes de abril, encher de imaxes a Dársena do Porto da Coruña.

A mostra inaugúrase este sábado ás 17 horas na Avenida Central, onde permanecerá durante un mes.

Máis información: http://territorioexpandido.com/

Artigos relacionados

Back to top button