CulturaCulturaÚltima hora

O Outono Fotográfico no Barco de Valdeorras

A mostra colectiva “Entre a agua e a pedra” pode verse ata o 7 de decembro no Teatro Lauro Olmo

Imagen 2

Despois de “Ó pé da rúa” de José Luis Diz, fotógrafo da agrupación O Potiños do Carballiño, chega ao Teatro Lauro Olmo, a exposición “Entre a auga e a pedra” a segunda das incluídas no programa do Outono Fotográfico no Barco de Valdeorras.

Fotosíntese trae a este espazo unha obra colectiva da que forman parte once persoas, na que empregaron a técnica da Panorámica, ofrece un punto de vista, unha ollada, a visión dunha realizade vencellada á provincia de Ourense, a súa natureza e á súa historia. Ourense “entre a auga e a pedra” forma un conxunto de imaxes a través do cal “o observador poderá tamén sentir e gozar dese permanente duálogo que emanan as rochas e as augas da nosa provincia como un espello que nos devolve a imaxe dun tempo e dunha historia onde natureza e persoas falan con orgullo do seu” en palabras da agrupación fotográfica.

A mostra da agrupación fotográfica Fotosíntese de Ourense inaugurábase na tarde do 20 de novembro e permanecerá aberta ata o vindeiro 7 de decembro e pode visitarde de luns a venres de 11 a 13:30h. e de 18 a 21h.

Artigos relacionados

Back to top button