ConcellosÚltima hora

O outono, tamén tempo de bolboretas en Valdeorras

 

Son moitas as especies de bolboretas diurnas que poden verse tamén nos meses de outono nas beiras do río Sil en Valdeorras, especialmente nestes días solleiros, sen apenas vento e con temperaturas agradables.

Algunhas son de rechamantes cores como vermellos que contrastan co negro como o da fermosa Atalanta (Vanessa atalanta), a primeira das desta galería de fotos. Outras especies son brancas e amarelas e hainas tamén de tonalidades ocres como a Pararge aegeria, que se confunden coas follas caídas nestas datas no chan.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button