CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

“O outro Camiño de Santiago”, na Biblioteca de Verín

Esta instalación cultural promove un ciclo de conferencias con ponentes de recoñecido prestixio entre o 1 e 9 de xuño

O avogado, antropólogo e músico Félix Castro Vicente vén de abrir na tarde do 1 de xuño o ciclo de conferencias “O outro Camiño de Santiago”, que organiza a Biblioteca Municipal de Verín. Neste acto era presentado pola concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza.Na súa ponencia, que impartía no salón de actos, Castro abordaba “A música no Camiño”.

Este ciclo, que analiza dun xeito diferente e da man de recoñecidos expertos o Camiño de Santiago, inclúe un total de catro ponencias que se prolongarán ata o vindeiro 9 de xuño. A próxima será mañá día 2 de xuño ás 20h. coa intervención de Paco López Barxas, escritor e xornalista, quen falará sobre o “Erotismo no Camiño de Santiago”.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

 

Cartel deste ciclo de conferencias da Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close