CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Pablo VI-Fátima da Rúa un dos gañadores no “Consumópolis”

O concurso escolar premia os mellores “tweets” para promover o uso responsable das novas tecnoloxías
Entrega de premios.
Entrega de premios.

Máis de 1.200 escolares galegos participaron no certame escolar de consumo responsable “Consumópolis”, que este curso estivo centrado no uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación.

Baixo o lema “Consumir entre pantallas”, tras completar a primeira etapa do certame, consistente no percorrido dun xogo en liña sobre consumo responsable e calidade de vida, o alumnado traballou en grupos de 5 coordinados por un docente na redacción dun “tweet” (un texto que non pode superar os 140 caracteres de extensión) cun consello ou mensaxe sobre consumo responsable en relación co uso das TICs. Esta mensaxe, dirixida ao alumnado da mesma idade, intégrase nun cartel cunha imaxe que apoia o texto e reflicte o contido do texto.

Na fase autonómica, impulsada pola Consellería de Economía e Industria, a través do IGC, e en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, establecéronse tres categorías por idades, concedéndose premios para os tres mellores traballos de cada categoría dotados con 1.000, 600 e 300 euros.

Os primeiros premios de cada categoría representarán a Galicia na fase nacional, organizada polo Instituto Nacional de Consumo, e entre eles está o colexio Pablo VI-Fátima da Rúa gañador do primeiro premio na categoría de 3º ciclo de primaria. No tocante a 1º e 2º ciclo de ESO, equipos do IES O Couto de Ourense recibiron o primeiro e o segundo premio.

Os premios da fase autonómca eran entregados na mañá do 14 de maio pola presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button