OurenseÚltima hora

O Paco Paz habilítase como centro de apoio a transportistas e persoal de servizos esenciais

 

Dende mañá á 12 horas e posteriormente cada día de 6h. a 23 h, o recinto do Pazo de Deportes Paco Paz de Ourense (a maior infraestrutura deportiva da provincia) estará a disposición dos profesionais do transporte e persoal implicado na prestación de servicios esenciais durante o tempo que dure o estado de alarma, ofrecéndolles servizos de hixiene, catering (pola asociación de ámbito social “Aixiña”) e descanso.

Este recinto deportivo está ultimado os preparativos co apoio de las brise pone desde mañana a disposición de los profesionales del transporte y personal implicado en la prestación de servicios esenciales, ofreciéndoles servicios de higiene y catering, este último ofrecido por la asociación de ámbito social “Aixiña”, a cargo de la Diputación de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar destaca que esta medida, que se integra dentro das iniciativas que está desenvolvendo o organismo provincial na súa loita contra a pandemia, “ten como obxectivo ofrecer un lugar destinado á hixiene persoal, así como ao descanso e manutención básica, para estes profesionais que están dando o mellor en favor da cidadanía no momento máis duro da crise do Covid-19”.

As persoas destinatarias son: transportistas en rutas local, provincial e nacional; membros das forzas e corpos de seguridade do Estado (UME, Policía Local, Policía Nacional, Gardia Civil, Protección Civil e seguridade privada) e o horario será de 6 da mañá a 11 da noite, ininterrompidamente. Mañá venres a apertura será ás 12 horas.

O acceso se habilitarase pola zona norte do pavillón principal, fronte á parada do autobús urbano, pola entrada de deportistas. E no que se refire á atención e custodia da zona, realizaranse por quendas por parte do persoal do Pazo de Deportes, cas debidas medidas de protección.

Artigos relacionados

Back to top button