OurenseÚltima hora

O Paco Paz reabrirá as instalacións deportivas o vindeiro luns 8 de xuño

O Pazo dos Deportes de Ourense recuperará a actividade coincidindo coa entrada da provincia na fase 3 da desescalada

Visita do presidente da Deputación ao PAco Paz antes da súa reapertura.

 

Coincidindo coa entrada da provincia de Ourense na fase 3 da desescalada do Covid-19, o Pazo dos Deportes Paco Paz reabrirá o vindeiro luns 8 de xuño as súas instalacións.

O presidente da Deputación Manuel Baltar, visitou o complexo deportivo para supervisar os equipamentos e a posta a punto de todas as infraestruturas, constatando o cumprimento do protocolo de prevención e das condicións hixiénico-sanitarias que se levan a cabo “para que as persoas que queiran realizar as prácticas deportivas poidan facelas con total seguridade nestas instalacións, que contan con máis de mil socios. Para elo, desde a Deputación de Ourense, por medio dos técnicos correspondentes, planificáronse os protocolos, a reubicación da maquinaria, o acondicionamento das salas específicas e a coordinación da limpeza inmediata das máquinas, a cal se efectuará logo de cada uso”, explica o presidente.

Ademais, existirá un control de acceso para verificar a temperatura de cada asistente, que recibirá por medio dos monitores e do persoal especializado unha atención directa e personalizada, como xa é habitual, ao que se engaden, dado o novo escenario, “as máximas precaucións e as distancias necesarias para evitar riscos e gardar os protocolos de seguridade, e para que todas as persoas que fan deporte nas instalacións da Deputación de Ourense o fagan con total garantía”, afirma Manuel Baltar.

Artigos relacionados

Back to top button