CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O Pandigueiro reúnese cos máis pequenos en San Xoán de Río

Ata San Xoán de Río desprazábase a primeira hora da tarde deste 4 de xaneiro o Apalpador, máis coñecido na comarca trivesa como Pandigueiro. Este personaxe do Nadal galego chegaba a localidade para saudar e agasallar aos máis pequenos. E facíao ademais acompañado por parte do grupo das Macizas Centrais de Trives, que tocaban algunhas pezas. Ademais o Pandigueiro contáballes como é o seu día a día.

Esta actividade de contacontos e lúdica, na que participaban unhas 40 persoas (entre nenos e maiores), viña da man das Titiriteiras de Marear.

Fotos cedidas pola A.C. RíoMola.

 

O Pandigueiro cos máis pequenos, en Río.

Artigos relacionados

Back to top button