PolíticaÚltima hora

O parlamentario ourensán Davide Rodríguez respalda a presentación da Marea San Cibrao das Viñas

O deputado autonómico de En Marea, Davide Rodríguez./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Área recreativa da Boutureira convertíase na tarde do 8 de xuño no escenario da presentación da Marea San Cibrao das Viñas. Nace coa “vocación de funcionar de xeito autónomo e co obxectivo de traballar a carón dos veciños/as de San Cibrao das Viñas para dar solución ás necesidades que presenta o seu concello”, segundo os seus promotres.

O acto contaba coa presenza do deputado autonómico de En Marea Davide Rodríguez, de Manzaneda, e das membros do Consello de En Marea, Iris Malvido e Sonia Vidal. Davide Rodríguez amosaba na súa intervención a vontade de “levar ao Parlamento de Galicia as demandas dos veciños e veciñas do concello de San Cibrao” e destacaba o traballo que están a facer as mareas nos concellos xa que “precisamos que medre o mar, tamén na provincia de Ourense, para facer fronte o desleixo do goberno do Partido Popular”.

Durante a presentación analizábanse as carencias que presenta o municipio de San Cibrao das Viñas, como o proxecto de conexión do Polígono de San Cibrao coa autovía A-52, entre outras. Ante está situación “é necesario traballar nunha alternativa política para as eleccións municipais de 2019”.

Artigos relacionados

Back to top button