OurenseÚltima hora

O parque da depuradora de Reza incluirá unha pista de “crossfit” e dous parques caninos

Plano do proxecto.

O Concello de Ourense, a través dos concelleiros de Infraestruturas e Participación Cidadá, José Araújo e Carlos Campos, trasladáronlle á Asociación de Veciños 15 de agosto de Reza o proxecto inicial para o espazo que actualmente ocupa a Estación Depuradora de Augas Residuais de Reza, actualmente en proceso de demolición.

Malia que o uso do parque está aínda por decidir, o Concello de Ourense proxectou diferentes usos adicionais, entre os que se atopan unha pista e un edificio multiusos (600 e 450 metros cadrados, respectivamente), zona de aparcamento para 80 prazas, dous parques caninos para animais de máis e menos de 30 quilogramos (600 metros cadrados en total), e unha zona verde de 16.000 metros cadrados que incluirá unha pista de “crossfit”, a primeira destas características da cidade, sinalan dende o Concello. O parque contará, ademais, con 630 árbores de 1o especies diferentes, entre alas, loureiros e carballos.

Os responsables das áreas de Medio Ambiente e Infraestruturas, José Araújo, e de Participación Cidadá, Carlos Campos, expuxéronlle o proxecto aos veciños para coñecer a súa opinión sobre a configuración do novo parque, do que se ocupará AQUAES en virtude do proxecto de demolición da estación depuradora.

Artigos relacionados

Back to top button