DeportesÚltima hora

O Parque Náutico de Castrelo de Miño acolle a XXIII Concentración de Escolas de Vela

Na regata, incluída na Copa Deputación, participan medio cento de deportistas de entre 7 e 15 anos chegados de toda Galicia

Vela en Castrelo de Miño.

 

Dende este xoves e ata mañá sábado 4 de setembro, o Parque Náutico de Castrelo de Miño reúne a medio cento de deportistas de entre 7 e 15 anos chegados de toda Galicia na XXIII Concentración de Escolas de Vela, regata incluída na Copa Deputación desta modalidade.

A regata, que ten programadas nove probas, está limitada ás clases “Optimist” e “Optimist Escola”, esta última para deportistas noveis. Haberá un total de nove premios que se dividen en trofeos para os tres primeiros clasificados individuais en ambas as dúas categorías e para os tres primeiros clubs clasificados na categoría “Optimist Escola”.

Na presentación do evento, a organización subliñou que non só manterá un estrito protocolo de seguridade fronte a Covi-19, senón tamén para evitar a introdución de especies invasoras nas augas do encoro, como o mexillón cebra, polo que todos os participantes deberán realizar un completo proceso de desinfección de todas as embarcacións e material a utilizar.

 

Presentación do evento deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button