CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O partido de play off do CD Barco en Balaídos comezará ás 19:30 horas

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) publicaba os horarios da fase de ascenso no día de onte, 8 de xullo

O CD Barco xa ten horario para disputar o partido de play off de ascenso a 2ª División B contra o SD Compostela no Estadio Municipal de Balaídos. Tal e como o anunciaba a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) no día de onte, o partido dará comezo ás 19:30 horas do sábado 18 de xullo.

 

Durante un partido anterior do CD Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A outra semifinal entre o Ourense CF e Arosa SC disputarase o domingo 19 de xullo á mesma hora. Mentres que a final tamén será á mesma hora, pero do sábado seguinte, 25 de xullo.

 

Horarios.

Artigos relacionados

Back to top button