DeportesFútbolÚltima horaVerín CF

O partido do 50 aniversario do Verín CF contra o Pontevedra CF disputarase o 29 de agosto

Ese mesmo día os socios poderán recoller o carné nas oficinas do club entre as cinco e as sete da tarde

Plantel do Verín CF para esta tempada. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

En plena pretempada, co equipo técnico e plantel practicamente ao completo, o Verín CF prepárase para un dos pratos fortes da celebración do 50 aniversario do club: o partido ante o Pontevedra CF de Segunda B. Tal como xa explicaran no seu momento dende a directiva, trátase “dun equipo histórico galego polo que nos seduce que esté aquí”.

Así, o Trofeo 50 Aniversario do Verín CF que enfrontará ao equipo verinés co da cidade do Lérez, disputarase o vindeiro domingo 29 de agosto a partir das 19 horas no Estadio José Arjiz. Ese mesmo día os socios poderán recoller o carné nas oficinas do club entre as cinco e as sete da tarde.

Dende club informan que os interesados poderán adquirir a entrada máis a bufanda conmemorativa por 12 euros. “Os titulares das entradas participarán no sorteo de xamóns, packs de viño e produtos oficiais do club (camisetas, pins…)”, puntualizan.

 

Artigos relacionados

Back to top button