Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O pasado romano de Xinzo, a carón do río Lethes, na XVIII Festa do Esquecemento

A loita entre os romanos e as tribus locais tiña lugar tralo paso do río no parque do Toural

As celebracións centradas no pasado romano en Galicia foron as protagonistas esta fin de semana en moitas localidades ourensás e tamén do sur de Lugo. En Margaride celebraban a VIII Festa do Ouro con romanos e castrexos percorrendo as covas de viño; en Quiroga os gladiadores despregaban todo o seu potencial no V Qui-Roma; e en Xinzo de Limia recreaban o paso do río Lethes por parte das tropas de Décimo Xuño Bruto, na tarde do 19 de agosto.

Este foi o acto central da festa histórica do Esquecemento que este ano chegaba á maioría de idade cunha fin de semana chea de actividades. As tropas chegaban en torno ás 17h. situándose na beira esquera do río Lethes/Limia para comezar a recreación histórica. Logo de que o comandante animara ás súas tropas, co estandarte no alto cruzaba o río en primeiro lugar, chamando aos soldados un por un para demostrarlles que en contra do que contaba a lenda, non perdera a memoria. Tras el cruzaba a lexión enteira, ata chegar á outra beira onde os esperaban as topas castrexas que oporían resitencia, comenzando a mítica batalla entre os romanos e as tribus locais que acababan perdendo trala morte do seu líder. Unha recreación seguida por un numeroso público que non perdía detalle.

Trala vitoria dos romanos, a festa continuaba co traslado dos gladiadores, o desfile de ámbolos dous bandos e a loita de gladiadores, sen esquecer a música.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button