ConcellosÚltima hora

O paso da Ruta da Plata polas estradas fai que se active unha campaña de prevención de atropelos

Tráfico e Subdelegación do Goberno distribuirán chalecos reflectantes e dípticos informativos con recomendacións de circulación por estrdada
Ao ano, un total de 9.000 peregrinos transitan a Ruta da Plata // Foto: Carlos Asensio.

Ao ano, máis de 9.000 peregrinos circulan pola Vía da Plata, que transcorre por Ourense. Tendo en conta estes datos e que esta ruta a Santiago non ten un camiño propio, senón que pasa por varias vías de comunicación da provincia, a Subdelegación do Goberno e a Dirección Xeral de Tráfico puxeron unha campaña de entrega de chalecos reflectantes e material informativo a través de trípticos onde se lle dan consellos tanto aos peregrinos que van en bicicleta como a pé por esta ruta. Asemade, tamén “solicitaremos aos automobilistas un incremento da súa atención nos tramos de estrada onde é máis frecuente atoparse corredores e viandantes”, dixo o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, na presentación de hoxe, 27 de abril.

A Dirección General de Tráfico foi a encargada de confeccionar este material adxunto para os peregrinos que realizan o camiño de Santiago a pé ou en bicicleta “e vanse repartir polos 10 albergues do camiño de Santiago na provincia”, informou o xefe provincial de Tráfico, David Llorente, que explicou que fixeron seis modelos de dípticos: “dous en galego, dous en español e dous en inglés para os estranxeiros”. Asemade, tamén se lle proporcionará o material adxunto directamente na estrada a través da Guardia Civil de Tráfico. Na presentación tamén estiveron Andrea Conde, a subxefa provincial de Tráfico e o secretario xeral da Subdelegación, Miguel Arias.

Manuel Arias, David Llorente, Roberto Castro, Rafael Rodríguez e Andrea Conde. // Foto: C.Asensio

A pesar de todo, tanto o capitán xefe do sector de Tráfico, Ángel Rafael Rodríguez, como o subdelegado do Goberno e o xefe provincial de Tráfico salientaron a baixa cifra de atropelos que hai para a afluencia da ruta. “Normalmente os peregrinos son xente de mediana idade que son moi conscientes da seguridade e respectan as normas”, explicou Rafael Rodríguez.

Recomendacións

No eido dos peóns, este material informa da obrigatoriedade de portar un elemento reflectante na vestimenta e/ou na mochila se hai pouca visibilidade, camiñar pola beira esquerda da estrada e en ringleira se se vai en grupo, entre outros consellos.

No caso dos ciclistas, lémbraselles de levar o alumeado obrigatorio na bicicleta (luz vermella traseira e luz branca delanteira), roupa reflectante se hai pouca visibilidade, non conducir cos auriculares postos, a obrigatoriedade do casco e circular pola estrada en ringleira ou en columna de a dous.

 

Os folletos están en castelán, galego e inglés.// Foto: Carlos Asensio. 

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button