OurenseÚltima hora

O patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle a novena edición do ciclo de cine “Marxes Fílmicas”

A actividade coincide co 50 aniversario do Cineclube Padre Feijoo, polo que os seus integrantes escollerán os filmes

A novena edición do ciclo de cine “Marxes Fílmicas” terá lugar no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia os días 6, 8, 13 e 15 de xullo ás 22:00 horas. Ademais, esta actividade coincide co 50 aniversario do Cineclube Padre Feijoo, que “coa súa suxestión e colaboración iniciamos este ciclo en 2012, e continúa neste 2020, de novo grazas á súa selección, xestión e proxección dentro dunha realidade especial”.

 

Cartel da actividade.

 

Desta forma, a selección dos filmes de cine clásico escolleranos integrantes do Cineclube Padre Feijoo. Así, a entrada será de balde e as películas en versión orixinal, “até completar a capacidade e coas medidas de hixiene e seguridade decretadas polas autoridades ante a pandemia da Covid-19”.

O ciclo comezará o luns 6 de xullo co filme “Whisky galore”, dirixido por Alexander Mackendrick, e o mercores 8 será o turno de “The odd couple”, de Gene Saks. O luns 13 proxectarase “I soliti ignoti” de Mario Monicelli, mentres que o mércores 15 pechará o ciclo “Duck Soup”, dirixida por Leo McCarey.

 

Artigos relacionados

Back to top button