CulturaCulturaÚltima hora

O patrimonio inmaterial no concello de Monforte centrará as XVI Xornadas Científicas do Camiño de Inverno

Están organizadas pola Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra e celebraranse do 13 ao 15 de setembro

Imaxe de arquivo dun acto da Asoc. Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra.

 

Ao longo dos máis de 250 quilómetros dende Ponferrada ata Santiago de Compostela, o Camiño de Inverno que entra en Galicia por Valdeorras e percorre a Ribeira Sacra, está pragado de lendas, contos, ditos, historias e cantigas. No rico patrimonio inmaterial do Camiño ao seu paso por Monforte de Lemos centraranse este ano as Xornadas Científicas do Camiño de Inverno que se celebrarán en setembro.

Organizadas pola Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra no seu XX aniversario, o programa de tres días (do 13 ao 15 de setembro) desta XVI, estará coordinado pola súa presidenta Aida Menéndez e ademais de conferencias e visionados de vídeos, incluirá visitas guiadas, percorrido por un tramo do Camiño de Inverno e mesmo un concerto.

 

Programa das xornadas.

 

Para máis información e inscrición (aberta ata o 10 de setembro) http://www.caminodeinvierno.com

Artigos relacionados

Back to top button