CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

O patrimonio xeolóxico do Camiño de Inverno, protagonista do “Xeolodía 21” na provincia de Lugo

Proximidades da localidade de Montefurado (Quiroga)./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Na xeoloxía ligada ao Camiño de Inverno porase o foco na celebración no vindeiro maio do “Xeolodía 2021” na provincia de Lugo. Así na fin de semana do 8 e 9 de maio organizarase unha actividade titulada “Xeoloxía Xacobea: o Camiño de Inverno no Xeoparque Montañas do Courel”, coordinada pola Sociedade Xeolóxica Galega.

A proposta incluirá en percorridos guiados, cunha duración dunhas catro horas, polo tramo do Camiño de Inverno que discorre pola zona de Montefurado e polo seu entorno. A ruta inclúe o val fluvial do río Sil, as lousas e as súas foliacións, o abano aluvial, fonte e rocas de construción, oliveiras e viñedos de Montefurado, as lousas ampelíticas, o túnel romano de Montefurado e as mineralizacións de pirita, segundo adiantan dende a organización da actividade.

As persoas interesadas en ampliar información ou en inscribirse na actividade poden facelo no seguinte enderezo electrónico: info@ribeirasacracourel.es. Deberán indicar o seu nome completo, DNI, teléfono contacto, lugar de procedencia e claramente día que escollen, se o 8 ou o 9 de maio.

Máis información en https://geolodia.es/geolodia-2021/lugo-2021/

 

Artigos relacionados

Back to top button