OurenseÚltima hora

O pavillón dos Remedios de Ourense acollerá os Campionatos Galegos de Kungfu Moderno 2021

O sábado 12 de xuño disputaranse as modalidades de formas e o 3 de xullo as de combate)

 

Os Campionatos Galegos de Kungfu Moderno 2021 celebraranse nas instalacións do Pavillón dos Remedios de Ourense os días 12 de xuño (modalidades de formas) e 3 de xullo (modalidades de  combate).

A presentación deste evento deportivo tiña lugar na mañá deste martes 8 de xuño, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense, contando coa presenza de Manuel Pérez (xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense), Bernardino González (asesor de Deportes da Deputación de Ourense), Aníbal Pereira (asesor de Deportes do Concello de Ourense), Aarón Blanco (organizador do evento e vicepresidente da Federación Galega de Kungfu) e Jacobo Rodriguez e Ngagne Faye (deportistas destacados que participan no evento).

 

 

Esta edición dos Campionatos Galegos de Kungfu Moderno serán en homenaxe ao mestre José Antonio Parada González (finado o pasado ano), un gran impulsor das artes marciais chinas en Galicia dende principios dos anos 80.

Os torneos contarán con todas as medidas de seguridade sanitaria que os protocolos DXT-Covid esixe. E contará cun aforo do 50% no público, baixo convite. Para minimizar os desprazamentos de competidores, todas as eliminatorias previas fóronse realizando nos respectivos concellos/provincias, polo que en Ourense unicamente se celebrarán as finais de cada modalidade/idade, quedando un cento de participantes en cada evento.

 

Artigos relacionados

Back to top button