EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Pazo do Castro, no Barco, entre as paradas do V Rally Terras do Incio

25 coches clásicos de luxo participan este ano na ruta turística entre Astorga e Vilalba

Astorga e Vilalba (Lugo) son os puntos de partida e meta da quinta edición do rally turístico Terras do Incio que percorre terras castelás e galegas entre o 5 e o 9 de xullo.

Ao fronte desta iniciativa, especialmente pensada para promocionar a provincia de Lugo, están Andrés Castro (natural de O Incio) e Pilar Debelius (de Madrid), e eles mesmos explican que a idea “é amosar á xente lugares que nos teñen impresionado, o viño da terra, comida da terra, artesanía,… Todo o que está aí e normalmente non se promociona, cousas que doutra xeito non verían”.

No rally turístico participa xente de toda España (Ibiza, Barcelona, Tarragona, Cuenca, Logroño, Salamanca, Ourense, Madrid, Valencia,…) e un total de 25 xoias do motor en perfecto estado de conservación: Maseratti, Jaguar, Chevrolet, Morgan,… destacando como os máis antigos desta edición, un Mercedes Pontón do ano 57 e un Corvette Sting Ray do 58.

Na mañá do 6 de xullo, a comitiva chegaba ata O Barco de Valdeorras, facendo parada por segundo ano consecutivo no Hotel Monumento Pazo do Castro (o xefe de cociña Emilio, tamén posou cun dos coches). “Na edición anterior fixemos noite aquí e gustounos tanto o entorno, o trato e a comida que este ano decidimos volver”, asegura Pilar, explicando que o programa levaraos esta tarde polas Serra do Courel e O Incio onde pasarán a noite. Mañá pola mañá partirán rumbo a Lugo e despois a Vilalba, onde durmirán. O sábado farán outra ruta ata Ferrol e despois darán a volta regresando a Vilalba onde acabará a ruta este ano.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button